Suspensión do 34 Festival Noroeste Estrella Galicia

Queriamos gozar con vós do Festival Noroeste Estrella Galicia. Iso levounos a reformular esta 34 edición cara a un formato XS.

Pero sabiamos que, se a situación sanitaria se complicaba, a posibilidade de que o festival se vise afectado estaba no horizonte.
Lamentablemente aconteceu.

A responsabilidade só nos pode levar a tomar a decisión de suspender o espectáculo, que esta vez non pode continuar.

Amamos a música, pero a saúde é o máis importante.

Os acordes volverán soar, pero mentres coidénomos!

#SomosNoroeste