Medidas de seguridade

O respecto á prevención do contaxio da COVID-19 arrinca co a responsabilidade individual do público asistente de non acudir á cita para á que teñen reservada localidade se presentan algún síntoma da enfermidade. 

Os recintos contan cun dobre perímetro de seguridade. As portas para cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do inicio do mesmo polo que se pide ao público que non acuda antes dese momento para evitar reunións innecesarias de persoas. Unha vez se achegen aos recintos, deberán respectar a sinalética que haberá na zona de espera dos accesos. Nos accesos haberá xel hidroalcólico. 

Dentro de María Pita (escenario Nonito Pereira) ou o Parque de Santa Margarida (escenario Jaime Manso), un equipo de acomodación situará ao público nas localidades. 

Os asentos estará separados entre si 1,5 mts. para respectar a distancia física que marcan as autoridades sanitarias. 

As entradas serán nominais polo que haberá que facilitar os datos de ambas as dúas persoas que deberán identificarse ao chegar ao recinto. Búscase evitar aglomeracións e garantir que non se supera o aforo permitido, así como ter identificadas ás persoas do público por motivos sanitarios de prevención da COVID-19.

Cada día as 10:00 h. ábrese a taquilla virtual para facerse gratuitamente coas entradas dos eventos que terán lugar dous días despois. Así, as entradas dos concertos do venres estarán disponibles a esa hora o mércores 5; as do sábado o xoves 6; e as do domingo o venres 7.

É posible que quede no meu asento se teño entrada para o seguinte concerto?

Non. Os espazos baléiranse entre espectáculos para hixienizalos

Está permitido sacar a máscara para fumar?

Non. O acceso ao recinto implica respectar as normas que nos damos para mater a seguridade e levar sempre posta a máscara é unha delas. 

Se saio, podo volver entrar?

Unha vez se abandone o recinto non permitirá volver acceder a el.

As persoas convivintes, poderemos achegar as nosas cadeiras?

Non está permitido superar a distancia interpersoal de 1,5 mts. (salvo persoas que, xustificadamente precisen acompañante por cuestións como ter reducida a súa mobilidade).