ZELTIA E IREVIRE

Co temple dos druidas e a maxia meiga preséntase Zeltia coa súa banda Irevire. Tras tocar de maneira viaxeira tanto en Galicia coma en Irlanda, foi a principios do 2018 cando comeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido. Ao ano seguinte incorpórase á formación Cibrán Seixo Pazos, co seu violín e Eduardo Apariz aos coros coas verbas chamánicas, todo comeza a formar parte do novo estilo, o Folk Tribal.  Este ano, o traballo no estudio está a piques de estrearse, o álbum LP Vacaloura grabado coa súa banda e con colaboracións moi especiais do local e o internacional do noso mundo.

A música de Zeltia e Irevire consegue mergullarnos nunha viaxe onde o Folk e o Blues se mesturan con outros momentos máis acústicos e tribais. As súas composicións son en galego e inglés inspirándose no legado cultural da nosa terra galega. No seu afán máis ambicioso pretende impulsar un cambio san e difundir a mensaxe de protexer a nosa cultura e o bosque autóctono. En verbas da cantante e compositora galega: 

“Eu espero que só me deixedes entrar ao Bosque con vós, con esta música danzaremos e lembraremos o tempo da vida, os soños que aínda nos guían”.

¿CUÁNDO?

  • 9 DE AGOSTO
  • 13:30 HORAS
  • PRAZA DE MARÍA PITA

SUS REDES

SU MÚSICA