VIUDA GÓMEZ E HIJOS

Banda mítica do rock atlántico dos oitenta. O grupo coruñés Viuda Gómez e Hijos comezou á beira dos Dead  Kennedys, difundindo punk escuro e exasperado na primeira metade da década. Rematou, a finais do decenio, facturando un brillante  power pop que alcanzou a súa máxima expresión co seu álbum Completamente en 1987 e en especial con Solución suicida, esa canción que se conserva coma un clásico coruñés eterno.

Viuda Gómez e Hijos volve cunha recompilación dos seus temas de sempre e como preámbulo á súa próxima gravación de disco en directo e documental Back  on  Stage | 2020 que terá lugar o próximo 25 de Setembro na sala Inn Club da Coruña. Con  Back  on  Stage | 2020, Viuda Gómez e Hijos regresa coa forza de sempre, mirando ó futuro de fronte e mantendo as súas raíces.

Fotografías de Anita B.

CANDO?

  • 9 DE AGOSTO
  • 22:30 HORAS
  • PRAZA DE MARÍA PITA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA