VIRUXE

Viruxe nace da man de Iago Mouriño, Bruno Couceiro e Alfredo García. Estes experimentados músicos, que xa traballaron xuntos en multitude de proxectos, únense esta vez para dar renda solta á súa vea máis eléctrica.

Viruxe nace con vocación de canalizar as súas diversas inquietudes musicais: a música electrónica, o rock progresivo, a psicodelia e por suposto o jazz, que abraza todos estes estilos dotando a mestura dun carácter fortemente cohesionado.

Destacan por incorporar electrificación nun instrumento de natureza acústica como é a batería, por concentrar nos teclados o papel do solista e acompañante e electrificar a guitarra máis alá do habitual no jazz, fornecendo cores e momentos que evolucionan do concepto máis clásico para introducírense sen complexos no terreo da fusión e
do rock progresivo.

O repertorio de Viruxe está integrado por música completamente orixinal dos seus tres compoñentes.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA