VIRGINIA RED

Virginia Red é unha banda galega formada en Neda no ano 2020 por catro amigos: Hugo Espiñeira (Narón, 2000), Anxo Cabada (Cabanas, 1999), Ángel Martínez (Neda, 2002) e Diego Rodríguez (Fene, 1997). No 2021 sacaron o seu primeiro EP, titulado Wishing On.

Ao ano seguinte, uniuse un novo integrante aos teclados: Martín Grela (A Coruña, 2000), completando así a formación do grupo. A banda sacou á luz, en novembro de 2023, o seu primeiro disco de estudo chamado “Of Mind, Space & Time” de 11 cancións entre as cales están os singles “Sirius”, “June” e “Ad Astra”.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA