VÍCTOR COYOTE

A traxectoria musical de Víctor Coyote é longa. Empezou nos anos 80 no momento en que estalaba a movida, co grupo Los Coyotes, que inauguraron a escena punkabilly.

No ano 92’ comezou a súa carreira en solitario caracterizada polo que xa defendera anteriormente coa banda: a incoherencia musical máis coherente.

A discografía do artista alberga álbums de estilos tan diversos como o funk, electrorock, powerpop ou discos máis intimistas. Pero que ninguén leve a engano, no fondo desta suposta variedade estilística identifícase perfectamente o selo Coyote.

Nunca houbo un artista que, facendo confluír estilos musicais tan dispares, conseguise unha voz tan persoal e identificable dentro da industria.

“Las Comarcales” é o seu último traballo que se caracteriza pola riqueza rítmica que achega o afastarse dos omnipresentes compases do catro por catro e a riqueza que achega o consumo de música e literatura na lingua materna.

Con este disco Víctor Coyote volveuno a facer de novo, plasmar de maneira vibrante a súa forma de ver e entender o mundo desde esas vías pouco transitadas, pero ricas, variadas e estrañas que fan que chegar ao destino sexa algo importante.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA