TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO

Son un dos grupos da escea independente iberoamericana máis respectados e reivindicativos. Dende o primeiro momento non deixaron de medrar e cada álbum é un paso adiante cunha evolución xa imparable.

A comezos de 2020 publicaron “Triángulo de Amor Bizarro” , o seu quinto álbum, que foi recoñecido con varios galardóns dentro da industria e destacou nas listas anuais.

Este disco é, sen dúbida, un dos traballos polos que serán lembrados, unha expresión de todas as virtudes que ten a banda galega.

En 2021 varios grupos e artistas reinterpretan estas cancións dando vida a “Detrás del espejo. Variaciones y Ecos”.

Triángulo de Amor Bizarro é unha viaxe sonora sen distraccións que te fan voar alto e bonito. Un dos mellores grupos de pop e rock da última década.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA