Desde que descubrimos a Travis Birds con ‘Coyotes’ – aquela magnífica canción que fose cabeceira da serie de Movistar + chamada ‘El embarcadero’ –, caímos no meigallo da súa inconfundible voz e na súa capacidade para transmitir emocións profundas a través da súa música. Hoxe en día, cunha carreira máis que consolidada e con moitos concertos ás súas costas, podemos confirmar que ese meigallo segue latexando.
Co seu novo disco Perro deseo, explora un novo universo sonoro inédito na súa carreira co que consegue acadar unha nova dimensión que se vé reflictida na súas creación musicais, pero tamén na súa personaxe, caracterizada ata o de agora por unha imaxe moito máis escura, íntima e con certos matices un tanto extravagantes que nos evocaban unha tolemia e un universo único. Esa nova luminosidade foi acollida polo seu público dun xeito moi positivo, colgando o cartel de “non hai entradas” na maioría dos recintos que está a visitar, consolidándose así como unha das maiores expoñentes da música contemporánea do noso país.
CANDO?
- MÉRCORES 7 DE AGOSTO
- 14:00 HORAS
- PRAZA AZCÁRRAGA