THE RAPANTS

The Rapants é talento, actitude e diversión. Nada en Muros no 2018, a banda surfea entre o pop, o garage e o disco cun directo “sen pausa”, coa intención de facer bailar ao público. 2023 foi o ano de eclosión de The Rapants.

Un total de 38 concertos polas principais salas e festivais do noroeste peninsular demostraron, sen dúbida, que é unha das formacións máis destacadas do panorama musical do momento e que a súa conexión co público é imparable. Logo de publicar os LP Cariña de Raposo (2019) e O corasón como un after (2023), The Rapants presenta neste 2024 La máquina del buen rollo, un disco ao servizo do baile, da diversión e, como o seu nome indica, do bo rollo.Matías, Samu, Xanma e Xaquín asinaron o pasado mes de marzo, en cuestión de minutos, un dobre ‘sold out’ na Capitol para os concertos de estrea de La máquina del buen rollo.

Desde entón, a formación muradá non parou de xirar e visitou recintos como o Náutico de San Vicente, a Tizón de Xixón ou La Sala do WiZink Center madrileño; ademais de festivais como Ourensound, Cans, Surfin The Lérez, Portamérica ou Carrilanas de Esteiro. A cita coruñesa coa praia de Riazor é a previa ao seu asalto ao Coliseum, no que actuarán o 22 de marzo con La Raíz.

 

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA