THE SOUL JACKET

The Soul Jacket pasou por varios cambios de formación desde que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán se unisen nun soto un mes de xullo de 2004 para tocar un puñado de cancións inspiradas polo Rock & Roll americano e británico de principios dos 70.

Actualmente, a banda está formada por Jorge Mizer e Guillermo Gagliardi ás guitarras, Jann Zerega ao baixo Fender, Xabier Vieitez ás teclas, Mauro Comesaña á batería e Toño López á voz principal.

Despois de gravar algunhas demos que lles levaron aos podios de numerosos concursos e situaron o seu nome xunto ao de grandes referentes do Soul e Rock & Roll internacional, en 2012 gravaban, en apenas dez días, o seu primeiro álbum: “Wood Mama”, co que presentaron ao mundo a súa música e estilo.

A este éxito seguíronlle “Black Cotton Limited”, “Untitled/Volume III” e “Plastic Jail”, discos cos que reinventaron esa fórmula inimitable de Rhythm & Blues, Rock & Roll e Southern Soul co que sorprenderan a crítica e público no seu aclamado debut.

Agora, a banda viguesa presenta “Let Me Stand”, un disco cuxas harmonías e tesituras vocais convidan a perderse nun intrincado paisaxe coas máis fermosas variedades de árbores e fauna. Un álbum que, sen dúbida, pretende pasar á historia.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA