THE BO DEREK´S

The Bo Derek’s, sex symbols do rock’ n’ roll dende as Rías Baixas, é o resultado de xuntar a Óscar Avendaño (Siniestro Total, Los Profesionales, Reposado) á voz e guitarra cos Irmáns  Lorre -Jorge  Lorre e  Rufus “el Guarro”- (Os  Wavy  Gravies,  The  Allnight  Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Dead Wood…), baixo e batería respectivamente, para dar saída á súa vertente máis pub-rockeira: rock’ n’ roll en castelán para divertirse, beber e bailar, con influencias que van dende Dr. Feelgood ou  The Bishops ata Bo Didley, Devil Dogs ou Mermelada…

Actualmente esgotando as existencias do seu primeiro álbum, 10, que foi  masterizado por  Mike  Mariconda (The Raunch Hands, The Devil Dogs) e editado por Family Spree  Recordings, así coma comezando as presentacións dun novo 7″ gravado e producido por  Hendrik Röver (Los Deltonos) e que leva por título Al Carajo! Proximamente volverán entrar ao estudo para rexistrar o seu segundo LP.

CANDO?

  • 9 DE AGOSTO
  • 20:00 HORAS
  • PRAZA DE MARÍA PITA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA