ISEO & DODOSOUND

Iseo & Dodosound é un dúo de Navarra creado no ano 2014, compoesto por Dodosound (Alberto Iriarte) e Iseo (Leire Villanueva). O seu estilo mestura o reggae e o dub, e teñen fortes influencias do trip hop.

Dodosound empezou como mesturador no 2004, influenciado polo hip hop e polos Dj’s do mundo do turntablism. Formou parte de diversos grupos de hip hop, como Raperos de Emaús. Iseo pasou por distintas formacións musicais entre Pamplona, a súa cidade natal, e Barcelona. Levou a cabo moitos proxectos en solitario, acompañada dunha guitarra e un looper, creando un sonido propio.

Ambos publicaron o seu primeiro traballo conxunto en xuño de 2014, o sinxelo de dúas cancións “Dibi dibi”. Pero non foi ata o 2015 cando se presentaron oficialmente como dueto co LP “Cat Platoon”.

Participaron en festivais como o Viña Rock, Rototom Sunsplash, Festival da Luz e o International Dub Gathering, entre outros.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA