SOUND SISTERS

Sound Sisters é unha banda de rock formada polos músicos de Sarria (Lugo), Nerea Iglesias, Olalla Losada, Brandan Corredoira, Tomás Solano e Morris Moreno, nacida en xullo do 2020.

O seu repertorio componse maioritariamente de temas propios que reciben influencias desde o blues rock e soft rock ata o rock psicodélico e progresivo.

Nos seus directos, aos seus temas propios acompáñanlle algunhas versións de iconas musicais das décadas dos 60 en diante, como Janis Joplin, Jimi Hendrix e Eric Clapton.

Ao forte carácter da selección musical do repertorio, súmanse os ritmos do funky e do hard rock que deixan unha pegada máis singular nas súas cancións.

A pesar da súa curta traxectoria e de nacer en plena pandemia, compartiron escenario con bandas como The Soul Jackets e tocaron en escenarios tan importantes como o do “San Froilán” de Lugo e en salas históricas como o Clavicémbalo.

Actualmente, atópanse ampliando os seus temas orixinais e gravando en estudo as primeiras cancións ‘Burn Sister’ e ‘Wild Life’, a antesala do que esperan que vaia ser o primeiro dos seus discos.

CANDO?

AS SÚAS REDES