SARA SÍSTOLE

Sara Sístole é unha cantautora galega que vive en Madrid dende hai catro anos co obxectivo de traballar no seu proxecto musical mentres estuda a carreira de Historia e Ciencias da Música na UAM.

Actuou nalgunhas das salas destinadas á canción de autor da capital. Tamén en diversos eventos culturais coma o pasado Erató  Fest, o cal lle permitiu dar un concerto na emblemática casa de Paco de Lucía (Toledo). A finais de 2019 sacou o seu primeiro  EP profesional baixo o nome de Alma, dispoñible en tódalas plataformas dixitais dende entón.

Actualmente segue traballando en novo repertorio, engadiu a trompeta aos seus directos (instrumento que estudou durante seis anos no conservatorio) e adóitana acompañar tamén músicos como Leticia Sáez (violín) e Javier Armijo (guitarra).

CANDO?

  • 8 DE AGOSTO
  • 13:30 HORAS
  • PRAZA DE MARÍA PITA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA