SALIF KEITA

O cantante Salif Keïta (Mali,75 anos), está considerado a voz de ouro de África. En España rebautizárono como “o Camarón” de Africa. Aínda que é descendente do fundador do seu país, foi rexeitado por ser albino, debido a unha superstición africana. A pesares desas dificultades a súa carreira profesional tras máis de 50 anos permitiulle colaborar con Carlos Santana, Joe Zawinul, Cesárea Evora ou Wayne Shorter e ser nomeado ata en catro ocasións aos premios Grammy. O seu espectáculo, acompañado dunha poderosa banda, encabeza os festivais máis prestixiosos de todo o mundo.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA