A principios de 2023, as irmás Iñesta publicaron o disco que revelaba todo o seu potencial tras anos funcionando como grupo e participando ao mesmo tempo noutros proxectos (Teresa en Aiko el Grupo y Yawners, e Marina con Mikel Erentxun). Todas as ideas, a enerxía da súa música, a intensidade emocional das súas letras, a inevitable conexión coas súas orixes… cristaliaban á fin da maneira axeitada.
Cancións como ‘Brillante’, ‘Barrio Somavilla’ ou ‘En todo momento’ amosáronas como un dos nomes do indie-rock en castelán a ter en conta neste momento, e ao mesmo tempo coma un dos girl-group máis impactantes dos últimos anos. Definidas pola prensa española como “as nosas ‘Sleater Kinney’”, gañáronse tamén o respecto dun público que cae aos seus pés tras cada concerto desta máquina infalible.
Nos derradeiros meses colaboraron en gravacións e directos de artistas como Xoel López, Nat Simons, Jimena Amarillo ou Cala Vento. Aproveitando esta onda de esplendor creativo, Repion volveu ao estudo coa fin de publicar “as canción co mellor son que gravamos xamais”. Están incluidas nun EP de catro canción que se publicou o 29 de maio baixo o título Entre todas lo arreglamos.