PTAZETA

A explosión de Ptazeta no último ano co seu éxito “Mami” foi unha das noticias máis soadas na escena musical nacional.

Agora “Trakatá”, a súa nova canción xunto á colombiana Farina, sitúase como un hit incontestable que xoga na liga das mellores cancións de reggaeton duro e sen complexos.

Trátase dun tema sensual e directo, moi poderoso, que mira ao reggaeton antigo con admiración sen esquecerse das novas tendencias no xénero e que, ademais, déixanos unha mensaxe por e para a liberdade e o goce.

Ptazeta pon con el a mirada en converterse nunha das artistas de referencia do panorama nacional e internacional e non cabe dúbida que nos fará bailar e gozar a todos e a todas.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA