PEDRO PASTOR Y LOS LOCOS DESCALZOS

Con tan só 26 anos, e con catro discos ás súas costas, Pedro Pastor representa e lidera unha nova xeración de cantautores en España. Fillo do tamén cantautor Luis Pastor e sobriño de Pedro Guerra, o madrileño dá un importante salto na calidade da composición coa que segue potenciando a súa poderosa herdanza musical.

Con máis de 500 concertos e máis de doce anos sobre os escenarios, a súa música percorre entre ambos continentes, cunhas letras que son un himno ao cambio e á rebeldía, ao amor e á aprendizaxe, á mestura e á fusión, como principal fonte de
desenvolvemento musical e humano. No seu estilo conviven diversos estilos: cumbia, funk, música africana ou folclore latinoamericano, sen perder a forza e a esencia da canción do autor e da súa mensaxe. Unha mezcla perfecta entre a música de latinoamérica e a canción de autor: Baile e versos selectos.

Descubrilo é infinitamente mellor que as palabras.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA