PARDO

Néstor Pardo presenta o seu novo disco Santa Cruz producido por Mario Cobo e gravado nos estudos Desert Cityde Almería con Pike Cavalero como enxeñeiro de son.

10 cancións auto-biográficas coas que Pardo volve ás orixes da súa música, dende o blues máis primitivo como en Mi fuego no quema, primeiro single deste novo álbum, xogando tamén con sons de americana na balada Desde que existimos tú y yo ou lembrando a  clásicos como Sam Cooke ou Otis Reeding en Los años de tu silencio. Estes foron os 3 singles de adianto dispoñibles en todas as plataformas dixitais.

O 1 de Novembro Santa Cruz verá a luz da man de Producciones Acaraperro e Grabaciones De Impacto en formato CD e vinilo.

CANDO?

  • 8 DE AGOSTO
  • 20:00 HORAS
  • PRAZA DE MARÍA PITA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA