NARA IS NEUS + SASHA SMIRNOVA

nara is neus é unha compositora que crea una atmósfera escura na que se atopa investigando continuamente coa intención de descubrir novas texturas e cores, sempre cun toque melancólico. Sen limitacións entre un son experimental de baixos bpm e un gran interés polas bandas sonoras, as suas composicións crecen ofrecendo diversas intensidades entre o silencio e o ruido. A súa música está deseñada para sentirse a través de uno mesmo penetrando nas propias emocións.

O seu máis recente álbum “Ansatz” é unha mestura de paisaxes sonoras contemplativos que non seguen ningún xénero.

Sasha Smirnova é unha artista visual que explora medios generativos e 3D para instalacións e actuacións audiovisuais. Na súa obra, xoga coa memoria e a nostalxia, creando espazos ficticios pero familiares, e convidando o espectador a mergullarse na lentitude e fluidez da experiencia audiovisual.

nara e Sasha estiveron actuando xuntas como dúo desde 2019 colaborando tanto na ideación como na produción. Creando unha atmosfera que transportaría aos espectadores a diferentes realidades, o dúo está interesado en manter a conexión coa audiencia, atraéndoos cunha trama sutil. Así, xuntas, presentan neste Festival Noroeste Estrella GaliciaDon’t You Recall“.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA