MÚSCULO!

Xurdidos de Valga, Pontevedra, Músculo! é unha formación co don para hibridar a rítmica magnética de Caribou coa necesidade de penetrarse en terreos sonoras que xogan cos elementos que marcan a esencia da última encarnación de Low.

Dez anos despois do seu nacemento, Músculo! convertéronse no resultado dunha evolución que parte do impacto xerado por discos como “XTRMNTR” de Primal Scream e chega ata a ambición de redefinir os significantes da IDM a través dun corpo de cancións pop, experimentais en esencia, aínda que dotadas de formas ambient pop para facernos bailar, xa sexa a nivel neuronal ou por medio da vibración intrínsecaao motorik kraut.

Co este espírito como vía central, Músculo! atoparon o seu oremus. Onde, máis que nunca, converxen a experiencia do camiño labrado coa expectación do autodescubrimiento. Sen dúbida unha das propostas máis estimulantes desde Festival Noroeste Estrella Galicia.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA