MUJERES

Con motivo da publicación do seu último LP,”Siento Muerte” (Sonido Muchacho), Mujeres imprimiu unha serie de camisetas e ítems promocionais co lema “Rock y Amistad”.

Ben sexa porque a frase de marras, ademais de enxeñosa, resultou inspiradora ou porque nas febrís mentes de Pol, Yago e Arnau facía tempo que roldaba a idea de gravar un disco como “Rock y Amistad”, antes de cumprirse un ano da publicación do seu último disco xa temos este novo artefacto sonoro con sorpresas incluídas.

Catro bandas –amigas, por suposto- que por si soas definen o estado do rock (e o pop) de guitarras no noso país, como son Carolina Durante, Cariño, Nova Vulcano e Los Punsetes, únense nun EP que mostra as diferentes caras de Mujeres a estas alturas da súa aventura: do frenesí do tema que dá título ao disco xunto aos catro Carolinos ao emocionante medio tempo de “Al final abrazos” con Cariño.

Porque, como ben din eles mesmos, retomando o espírito da mítica “La bola de cristal”, sempre “é mellor con xente”.

E máis, se é con música.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA