MOURA E A IRMANDADE ÁRTABRA

Hai unha terra verde nos confíns de Europa, onde o mapa remata e comeza o mar. Alí resoan ecos dos cantos druídicos entoados na Idade Antiga, a través de voces contemporáneas unxidas en pocións alucinóxenas. Moura somos esos ecos da Galicia mítica pre-romana… megalitos en visión calidoscópica, guitarras coma arpas de bardos e pés bailando arredor do lume no último acantilado do planeta. Convocámoste a formar parte do aquelarre, a disolverte na nosa brétema de psicodelia progresiva con raigame folk e mitoloxía galaica empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo. Unha experiencia única que flúe das fontes da terra inmortal dos nosos devanceiros, das ás dos mouchos e as almas dos mortos que vagan polos nosos montes…

Fotografías de Leo López

CANDO?

  • 8 DE AGOSTO
  • 22:30 HORAS
  • SANTA MARGARIDA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA