MORGANE JI

Morgane Ji é o exemplo perfecto da fusión de múltiples descendencias: un temperamento volcánico con raíces misteriosas, africanas, índias e asiáticas.

En canto ao seu estilo musical e enfoque estético, ninguén logrou metela en ningún caixón. Sempre busca a creación do impredicible.

É unha música de rock pop e creadora de world music electrónica imposible de categorizar pero, con todo, recoñecible de inmediato grazas á súa voz única: versátil, áspera, suave, animal.

Comezou a recibir unha gran atención pública grazas ao lanzamento do seu álbum “Woman Soldier” a finais de 2018, un título que encarna o espírito de loita dunha artista extremadamente independente e que rende homenaxe ás loitas que libran as mulleres día a día.

Din que os concertos de Morgane Ji son como viaxes a través de profundas emocións e imaxes… a onde nos levará nesta ocasión?

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA