MARUJA LIMÓN

Chega ao Festival Noroeste Estrella Galicia a música vitalista de Maruja Limón. Sons que oscilan entre o flamenco, o pop e os ritmos latinos da man deste quinteto feminino residente en Barcelona.

O seu álbum debut “Más de Ti” (2018), obtivo o recoñecemento entre os mellores discos españois do ano segundo revistas musicais como Mondo Sonoro e Muzikalia. Ese ano, Maruja Limón gañou o premio á Mellor Artista Emerxente nos ARC Awards 2018, e un LAUS Award polo seu videoclip ‘Aprender‘.

En 2019 publicou “Ante Mí“, considerado un dos mellores discos en español de 2019 pola revista musical Mondo Sonoro, e nomeado como Mellor Álbum de Música do Mundo e Fusión nos Premios MIN 2020.

Neste 2022 presenta o seu terceiro disco: “Vidas“. Un traballo cheo de enerxía, intensidade e alegría que os caracteriza. Os ritmos flamencos, pop, latinos e urbanos mestúranse con madurez con letras que conforman un conxunto de voces e vidas. Historias que viven nos nosos barrios, expoñendo o seu presente, pasado e posible futuro.

Con máis de 200 concertos, o quinteto barcelonés conquistou os escenarios máis prestixiosos do panorama musical, agora tócalle conquistar a XXXV Edición de Festival Noroeste Estrella Galicia

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA