MARTIN KOHLSTEDT

Martin Kohlstedt é un compositor, pianista e produtor xermano cuxas cegadoras creacións ofrecen un achegamento contemporáneo á mestura de música clásica con estilos vangardistas. Colaborou, entre outros, con Christian Löffler, Peter Broderick, Douglas Dare e Sudan Archives e publicou seis álbums -o último, “Feld” (2023)-, unha decena de títulos máis entre sinxelos e EP’s e trece bandas sonoras -a última, “Grace” (2020)-. Antes de iniciar a súa carreira en solitario estudou arte multimedia na Bauhaus University Weimar e tamén cursou estudos de piano jazzístico e foi produtor de música electrónica.

Os seus dous primeiros discos de estudo, “Etiqueta” (2012) e “Nacht” (2014), foron de piano só, e non foi ata o terceiro, “Strom”, que incluíu instrumentación electrónica. A partir de aí, experimentación ao poder, creatividade valente, con especial énfase na composición modular. No seu currículo tamén atopamos desde creacións sonoras interactivas que se desenvolveron en eventos con visuais e proxeccións -como “Currents”, que en 2017 ideou en colaboración co festival alemán Reeperbahn- ata musicais para espectáculos de fogos de artificio, como o que comisionou en 2019 para a Feira Nacional da Pirotecnia en Tultepec (México), a máis grande de Latinoamérica, ou instalacións sonoras interactivas baseadas en complexos tratamentos algorítimicos, como a que ese mesmo ano asinou para o festival estadounidense Burning Man.

En directo Martin usa principalmente pianos de cola e verticais en combinación con un Fender Rhodes e varios sintetizadores. A modo de orientación, na recensión do seu debut londinense sobre un escenario, en ‘The Daily Telegraph’ indicouse que “os seus patróns repetitivos e as súas harmonías modais ás veces lembran a músicas que adoitan describirse como hipnóticas, desde Ryuichi Sakamoto ata Ludovico Einaudi”.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA