MARTHA HIGH

Martha High, a diva do soul nacida en Washington DC, comezou a súa carreira musical nos anos 60 co cuarteto vocal The Jewels, co que logrou numerosos éxitos, entre eles o no destacado Oportunity. Posteriormente, uniuse á xira de James Brown, converténdose na súa colaboradora e vocalista durante máis de 30 anos. Ademais, Martha foi a vocalista principal nas xiras mundiais de Maceo Parker durante os últimos 20 anos. 

Cunha voz inconfundiblemente resistente, grave e desgarrada, Martha High compartiu escenario con lendas da música como Bo Diddley, George Clinton e Marvin Gaye. 

Na súa próxima presentación estará acompañada dunha banda de luxo, con músicos de bandas como Anaut, Speak Low e The Silverback.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA