MARLANGO

Marlango é un grupo de pop con claras influencias do jazz e o blues. O seu nome vén do tema “I wish I was in new Orleans” de Tom Waits, unha das súas referencias.

O proxecto Marlango xorde a finais do ano 98 en Madrid cando Leonor Watling, letrista e vocalista, e Alejandro Pelayo, pianista e compositor, gravan unha maqueta con catorce temas para piano e voz. En 2002 únese Óscar Ybarra, trompetista neoyorkino.

Con esta formación, en 2004 edita o seu primeiro álbum “Marlango”, co que conseguiron un disco de ouro.

A este álbum seguiulle unha ampla discografía: “Automatic Imperfection”, “The Electrical Morning”, “Life in the Treehouse”, “Un Día Extraordinario”, “El Porvenir” e “Technicolor”.

Durante o confinamento, Alejandro Pelayo e Leonor traballaron na distancia para crear “La Cruda”, a nova canción coa que regresan aos escenarios para “celebrar a vida e a música”.

Un canto que parece chegar no mellor momento.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA