MAD MARTIN TRIO

Mad Martin Trio debutou en 2014 con “It Was A Very Good Year”, seguíronlle “Seven Lucky Shots” e “Time To Go Mad”, publicado en Escandinavia polo selo sueco Vintjärn Records.

O seu tema “Eileen”, incluído neste último traballo, é escollido entre os 100 favoritos do ano en El Sótano de Radio3. No 2015 foron os gañadores do concurso “Azkena Rock Party” formando parte do cartel ese ano.

Desde entón, non pararon de tocar a nivel nacional e europeo, destacando “Big Lake Run” ou “Rock at Sea” en Suecia, o “Wildest Cats in Town” en Inglaterra ou o “Motorbeach Festival”en Asturias e “Outono Códax Festival” en Santiago de Compostela, entre outros.

Agora presentan “Tornado” producido por Mike Mariconda e gravado en Barcelona nos Estudos Sol de Sants. Nel pódense atopar temas propios e algunhas versións como “Tornado”, de Jiants, que non só dá título ao disco senón que é unha das favoritas da banda.

Actualmente, están a traballar no seu próximo traballo “The World We Knew” que verá a luz durante os últimos meses de 2021.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA