LOS ZIGARROS

Adrenalina, paixón e rock & roll. Los Zigarros entenden o xénero dunha maneira especial, mentres haxa xente coma eles o rock & roll nin está morto, nin ten visos de facelo.

A banda valenciana trae un potente directo acompañado de imaxe e actitude. Máis de 300 concertos e dous sold out consecutivos dende o Circo Price de Madrid avalan a solvencia de Los Zigarros enriba do escenario.

En 2019 publican o seu traballo “Apaga la Radio” (Universal Music. Marzo 2019) con Carlos Raya aos mandos da produción. Neste disco pode atoparse un son máis evolucionado, pero sen perder a esencia do R’n’R e a frescura e actitude que os caracteriza.

A finais de 2020 agasállannos “¿Qué demonios hago yo aquí? Directo desde Madrid”, un álbum gravado durante as dúas noites consecutivas no Circo Price de Madrid.

Materia obrigatoria de primero de rock and roll, ver o poderoso directo de Los Zigarros.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA