LETICIA REY QUINTET

Leticia naceu en Vila de Cruces, unha pequeña localidade da provincia de Pontevedra. Comeza no mundo da música con 11 anos estudando teoría musical e piano, continuando con guitarra e harmonía aos 16 anos.  A cantar, fíxoo da man do maestro Fernando Balboa, con quen estudiou durante 8 anos e aínda o segue a facer. En 2021 grava o seu primeiro EP e presenta a súa música en festivais como ‘Sinsal 21’, ‘Monumental 21’ ou ‘Secret Concerts’. Completan a súa banda Iago Mouriño, teclista; Jorge Quesada, baixista; e Óscar Quintáns, na batería. En febreiro de 2022 inaugurou o ciclo ‘Matinales Musicales’ na Cidade da Cultura de Galicia.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA