LAURA LAMONTAGNE & PICOAMPERIO

Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio en xullo de 2019. Na súa proposta mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip hop e poesía, poñendo especial atención nas obras de Martín Códax, Airas Nunes, Rosalía de Castro ou Fernando Pessoa. Melodías suaves, bucles vocais, percusións marcadas e atmosferas rascadas son elementos pilares da súa particular expresión artística. Con impulso Beatnik, mostran a rabia e o desacougo dunha viaxe turbulenta coma a vida.

Durante este primeiro ano de vida, pasaron por festivais coma Atardeceres no Gaiás, Agrocuir, Eidos Fest, Cantos na Maré e San Froilán. Aportaron música á apertura da exposición Galicia. Un relato no mundo, pasaron polo programa musical FEEEL, da canle BETEVé de Barcelona, polos ciclos MUBEA na Alhambra en Granada e conseguiron o primeiro posto na lista 10 Demoscópicos Galicia-Castilla León 2019 de Mondosonoro. Neste 2020, o seu proxecto é finalista na VII edición dos Premios Martín Códax da Música, na categoría de Músicas Urbanas.

CANDO?

  • 7 DE AGOSTO
  • 20:00 HORAS
  • SANTA MARGARIDA

AS SÚAS REDES