KAMAAL WILLIAMS

A práctica artística de Kamaal Williams nace dunha multiplicidade emerxente. Nacido en Peckham, Londres, de descendente de taiwaneses, Kamaal leva moito tempo tendendo pontes, mundos; culturalmente, xeograficamente e sonoramente.

Creador e fundador do dúo de jazz con sede en Londres, Yussef Kamaal. Adaptar
e reinventar o jazz para o padal moderno parece tarefa fácil para Kamaal Williams. Un chasquido de dedos ou quizá varios chasquidos astutamente ordenados para crean unha base rítmica. Logo xa, pianos, cordas, arpas, contrabaixos, saxos, voces… todos dispostos cun gusto exquisito como en “Wu Hen“, onde hai millóns de arranxos e sons e ningún parece tapado, é irrelevante ou despraza a outro.

Ademais da instrumentación, Kamaal Williams tamén publica música electrónica baixo o seu nome de pila Henry Wu. Sons tecidos entre o jazz, a música urbana e a psicodelia co R&B. A banda sonora perfecta para a XXXV Edición do Festival Noroeste Estrella Galicia.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA