JAVIERA MENA

A cantante, compositora e produtora chilena Javiera Mena é unha das principais expoñentes actuais do electropop facturado en Latinoamérica. É toda unha referencia da electrónica en castelán e coa súa música traspasou fronteiras levándoa a pisar escenarios por medio mundo.

Con esa exquisita combinación entre sensibilidade, frescura e melodías alegres e bailables, non renuncia aos aires indies tan identificables na súa música.

Javiera Mena atesoura cinco álbums publicados e varios nomeamentos aos MTV Europe Music Awards, MTV Millenial Awards, Grammy Latinos e Premios Min, entre outros.

Ademais de icona pop hispana, Javiera é considerada un referente para a comunidade LGTBIQ+, sempre apoiando e reivindicando publicamente ao colectivo.

Na súa faceta como produtora, compaxinou a composición do seu novo traballo coa produción para bandas emerxentes como Cariño.

Tras actuar durante os últimos anos nos festivais máis importantes de España, Latinoamérica e USA (Lollapalooza, Coachella, Vive Latino, etc.) e dar concertos en media Europa e Asia, chega á 34ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia para presentar as novas cancións do seu recentemente publicado EP “Entusiasmo”.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA