JAVIER BECERRA & CAROLINA RUBIROSA

Javier Becerra é periodista especializado en música e autor do libro infantil ¡Esto es pop! Carolina Rubirosa é cantante e guitarrista de ampla traxectoria que formou parte de proxectos de dimensión internacional coma The Funkles, así coma a súa propia traxectoria en solitario. Os dous uníronse cunha misión: abrir a porta da música pop aos máis cativos, ó tempo que lembran ós marios por que houbo un día que se namoraron aloucadamente de artistas coma The Beatles, Aretha Franklin, David Bowie ou Kylie Minogue.

Levando as charlas divulgativas que Javier dá en colexios, centros culturais e festivais ó escenario, el narra a evolución do xénero e ela interpreta esplendidamente pezas coma She loves you, Respect, Starman ou Billie Jean. Xuntos converten estes pases -que en ocasións supoñen o primeiro contacto dos cativos con ese repertorio- en auténticas festas de amor á música. Queres berrar cos teus fillos coma se estiveras na beatlemanía? Mover as cadeiras coma Elvis Presley en 1956? Descubrir as maravillosas maravillas de Aretha Franklin? Vibrar co ritmo frenético de James Brown? Non o perdas.

CANDO?

  • 9 DE AGOSTO
  • 12:30 HORAS
  • SANTA MARGARIDA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA