Helena Egea é cantante e compositora con estudos de grao profesional de violín. Conta, ademáis, con formación por libre de voz, piano e guitarra.
Dende o 2017 comeza con proxectos musicais e inicio en diferentes bandas de rock e blues en Barcelona e en Santiago de Compostela, ademais de participacións en festivais, jams e a grabación en acústico das suas cancións e videoclips. Composicións propias con referentes de distintos estilos, principalmente jazz, soul blues e rock.
Actualmente, tras participar como cantante e teclista dunha banda de indie/rock progresivo, que separou a pandemia, continúa co seu proxecto como solista e formatos pequenos acústicos con guitarristas e teclistas. Todos eles inclúen tanto a creación de cancións propias, en castelán, galego e inglés, como versións de clásicos de diferentes idiomas.
O escenario situado na Praia de Riazor abrirase para ela nesta XXXV Edición do Festival Noroeste Estrella Galicia a tarde do sábado.