FF

FF, acrónimo de “Final Feliz” é a resposta estética e musical ao mundo pospandémico nacente, deshumanizado e tecnolóxico: coñecerémonos, celebraremos e bailaremos, reivindicaremos o emocional e o humano; fuxiremos do cinismo; e usaremos o optimismo desperanzado como arma contra a dor.

A banda está dirixida pola vocalista Rut Morate: poeta, escritora, frontwoman e icona punk coruñesa desde finais dos 90. Un animal escénico que a crítica definiu como a combinación perfecta entre Lola Flores e Iggy Pop.

FF encherá o Festival Noroeste Estrella Galicia de cancións emotivas, existenciais ou irónicas vinculan ao espectador coa sua proposta. Alleo ás tendencias e ás etiquetas, e que pretende, como o seu logotipo, devolver a música ás súas orixes: a liturxia do ensaio,
o encontro de garaxe, e a volta á electricidade, ao baile e á suor en directo.

FF marca o renacimiento da escena musical alternativa. O underground coruñés non está morto.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA