FESTICULTORES TROUPE

Festicultores Troupe son os auténticos cultivadores de festas, estanse preparando física e mentalmente, coma nunca antes, para poder resistir o ano postpandémico. Para a seguinte tempada, a parte da incríble preparación física, contarán co único e espectacular artefacto sonoro de tecnoloxía punta alieníexena-galaica, remolcado por un motocultor Tunning Barreiros.

O 2022 será o ano da Festicultura, o mundo perderá a cordura e os Festicultores demostrarán unha vez máis a involución e inmadurez sufrida nestos 17 anos da sua exitosa traxectoria rural.

Estamos ante os cultivadores especializados nas festas máis vigorosas a base de música, humor, baile e desinhibición cerebral.

Festicultores Troupe farán divertirse a tódalas almas errantes do Festival Noroeste Estrella Galicia.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA