DORIAN

Dorian é unha das bandas máis relevantes do panorama nacional. Unha banda con varias cancións consideradas himnos xeracionais, como ‘Cualquier Otra Parte‘ ou ‘La Tormenta de Arena‘, que acumulan máis de 75 millóns de reproducións nas plataformas de streaming.

O son de Dorian combina a música electrónica e o new wave dunha maneira moi persoal. As súas letras a miúdo tratan sobre a desorientación contemporánea da humanidade ou as inxustizas sociais. Ademáis tamén reflicten outros temas de actualidade como a ameaza do cambio climático, a corrupción política ou a homofobia.

Desde a súa residencia en Barcelona, Dorian mereceuse un posto prominente na escena indie nacional, con directos sempre cheos de intensidade, emoción e baile.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA