Dios Ke Te Crew nace en Ordes (A Coruña) no ano 2003, froito da unión de compoñentes de dous coñecidos grupos de rap en Galicia, 5Talegos e Ghamberros.
Despois de realizar multitude de actuacións, no 2006 sae á luz o primeiro LP do grupo, “Xénese“, considerado un dos traballos máis influentes da escena musical galega e pedra angular do hip hop feito en galego.
Tras o parón motivado pola crise sanitaria, en 2021 presentan “En que ano estamos?!“, un EP que consta de 5 novos temas a cal máis fresco e contundente. Hits cheos de dinamismo lírico e musical, dos que xa anticiparon fondo e estética con ‘OG‘, o primeiro adianto do álbum e un auténtico crossover feat. Boyanka Kostova que xa acadou a categoría de himno galego 2.0, e ‘Haters‘, cun impresionante videoclip protagonizado por Xosé A. Touriñán.
A mítica banda galega de hip hop ten novo disco e presentarao aquí, na XXXV Edición do Festival Noroeste Estrella Galicia.