Delaporte é un proxecto que mestura sons dunha produción electrónica con voces, atmosferas e texturas orgánicas que che levarán de viaxe e faranche bailar boa parte da noite.
O seu directo é a mestura perfecta entre concerto e unha sesión de house. Os temas ábrense, remezclanse e transfórmanse coa introdución de ritmos e sons improvisados no momento, seguindo o baile e a enerxía do público. Faacendo cada directo en único.
Delaporte propón un pop electrónico que fala sobre relacións tóxicas, obsesións e frustracións de xuventude.
Un directo que non podes perder.