CRNDS + INMA VEIGA LIVE AV

Nesta XXXV Edición do Festival Noroeste Estrella Galicia adentrámonos no bosque sónico de Alberte Cernadas, a.k.a. CRNDS, e Inma Veiga.

Alberto Cernadas é compositor, produtor e fundador do selo independente Lindisfarne. Fórmase como guitarrista na ESMUC, no itinerario de música clásica e contemporánea. A partir de 2019, comeza a traballar baixo o nome de crnds e debuta como produtor co primeiro álbum de estudo “Niño Reptil Ángel“,galardoado como mellor disco do ano nos premios Carles Santos de Valencia.

Despois de publicar varias colaboracións a través de Lindisfarne, o produtor lanza “CERNADAS“, o seu primeiro álbum en solitario. Este traballo caracterízase pola integración de elementos propios da música tradicional de Galiza, coa linguaxe tímbrica da electrónica experimental.

Pola súa banda Inma Veiga, é unha artista do visual cuxa segunda curtametraxe Brthr (2017) foi seleccionada en varios festivais internacionais nos últimos anos, recibindo unha mención honorífica na categoría de Documental Internacional no Porto FEMME 2018 e gañando o Premio do Xurado a Mellor Filme de Escolas Portuguesas no Queer Porto 2018. Na actualidade traballa como editora de video e directora, e tamén fai parte da equipa creativa do Festival Impulso.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA