COMBO PARADISO

“Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mejor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán”.

En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco “Loco Vaivén” nos Estudos do Náutico de San Vicente. Un primeiro traballo con cancións propias presentado baixo o novo nome da banda Combo Paradiso. A elección deste nome non é casual, evoca a condición latina dos seus compoñentes e a súa intención de atopar nas súas orixes a inspiración deste novo proxecto.

Nel tenden unha man ao conxunto de músicas latinoamericanas a través dun idoma común e trasládano á linguaxe musical propia da banda. En “Loco Vaivén” rebuscan nos seus ecos internos para, sen perder todo o orgánico e xenuíno das súas traxectorias individuais, buscar unha nova linguaxe que conecte con novos públicos e afiance aos seus seguidores de sempre a través dunha música veraz e de calidade innegable.

Trátase dun grupo no paraíso ou, como nos gusta chamalo, COMBO PARADISO.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA