CLOACA

Dende o subsolo coruñés chegan Cloaca,  Bento  Carroña e Rata Ray, o dúo máis infame; armados de guitarra e batería; presentando as súas “producións precarias para mentes enfermizas”.

A súa música é unha mestura de  garage punk e surf, xeniais temas punk garageros cheos de crueza, enerxía e  poderío instrumental. Viscerais pílulas de rock & roll  cavernícola con tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e potentes baterías. Soberbios  trallazos de  garage punk de maxistral e vibrante execución, adoradores do  fuzz e a  liserxia máis  velenosa do revival  garagero dos 80.  Tenebrosas e directas pílulas de son compacto e rochoso que van directas ao teu cerebro e fan mover o esqueleto ao ritmo primitivo do  unga  unga. Incendiarias e  barbitúricas cancións de actitude punk e sucia  sonoridade afastadas dos virtuosismos instrumentais que conseguen atraparte coas súas divertidas  letras e eléctricas instrumentacións.

As súas letras fálannos de  cavernícolas, cloacas, cerebros anormais, fuxir, cuspir, querer, chicles, beber, esquecer… Humor negro, ritmos frenéticos e un son escuro, son o seu selo de identidade. Entra no seu  tenebroso mundo e sucumbe ao seu  lisérxico son! Non te arrepentirás!

CANDO?

  • 7 DE AGOSTO
  • 20:00 HORAS
  • PRAZA DE MARÍA PITA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA