CHASIS

A banda foi formada en 2014 por Javier Insua, Alan Ponte e Noé Vázquez. Estes tres amigos que se coñecen desde a época do instituto xuntáronse desde un principio coa plena intención de facer temas propios cheos de Rock’ n’ Roll.

Todos os membros do grupo levan anos tocando na escena coruñesa e comparten influencias musicais. Desde os clásicos Rolling Stones, The Beatles, Jet Black Crowes a bandas nacionais como M-Clan, Pereza, Fito y Fitipaldis e os propios Zigarros, dos que foron teloneiros.

Tras gañar varios concursos musicais pasan por diferentes festivais galegos como o Festival de la Luz, Rock in Cambre e RockanrOleiros, entre outros.

Presentan “Cansados de perder” (maio, 2018) na Sala Mardi Gras con gran acollida de público, o que lles leva a xirar por diferentes zonas da xeografía galega.

Tras o parón da pandemia reencóntranse para presentar unha reedición das primeiras cancións e facer que Chasis comece a xirar de novo.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA