BASTARDS ON PARADE

Bastards on Parade é unha banda de punk celta formada na Coruña en 2008. Musicalmente a mestura de punk rock clásico coa música tradicional galega foi a súa marca de identidade, así coma unha narrativa baseada na clase traballadora, o compromiso social e a cultura celta de Galicia.

Dende os seus inicios, o grupo recibiu moi boas críticas, sobre todo por parte da prensa especializada a nivel internacional, que incluíu os seus traballos nas listaxes dos mellores discos do ano.

Isto levounos a publicar os seus discos coas principais discográficas underground europeas, como MAD Tourbooking ou MUTTIS Booking e a xirar por toda Europa compartindo cartel coas bandas máis punteiras da escena durante os seus 10 anos de carreira.

O seu percorrido por festivais é igualmente impresionante. Destacan o Rebellion Festival (UK), Punk and Disorderly (GER) ou o Berlin Folk Punk Festival (GER) e, a nivel estatal, o Resurrection Fest en 5 ocasións, Revenidas ou Brincadeira, entre outros.

O seu último traballo, “CARA A LIBERDADE” 2019 (Maldito Records), polo seu décimo aniversario, é o primeiro integramente en galego, consolidando a identidade do grupo e dando máis autenticidade ao seu traballo.

O resultado de todo este percorrido é un potente directo cheo de enerxía e diversión que non deixa indiferente a ninguén e no que o público é un máis cantando e bailando de principio a fin.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA