ATAQUE ESCAMPE

O pasado martes 12 de novembro, o grupo compostelán, tras un descanso de ano e medio, presentaba en redes sociais a súa nova formación, composta por tres dos membros habituais (o baixista Lois G. Carlín e os guitarristas Miguel Mosqueira e Samuel Solleiro), aos que se suman agora Cibrán Tenreiro (Monstruo, Esposa, Zara) na batería, Julio Vilariño Cabezas (produtor do LP Primeiros bicos, 2017) nos sintetizadores e Álex Charlón na voz. Charlón fora o vocalista principal de Ataque Escampe desde os seus inicios ata 2015 e abandonara a banda despois da xira de presentación do LP O disco vermello (2014). O novo traballo, A alma, supón, así, o seu regreso ao estudio e aos escenarios.

CANDO?

  • 9 DE AGOSTO
  • 22:30 HORAS
  • SANTA MARGARIDA

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA