ALICE WONDER

O cambio xeracional por fin chegou. Alice Wonder está a empezar a dar os seus primeiros pasos profesionais cunha seguridade insultante aos seus 19 anos e coa satisfacción de que está a facer un traballo excepcional.

Para mostra, o seu single “Take Off”, que contabiliza en plataformas como Spotify varios millóns de reproducións.

Non deixa de asombrar a madurez coa que Alice encarou a súa posta de longo.“Firekid” (Infarto Producións / BMG) é o seu disco debut co que está a poñer voz a toda unha xeración. Un álbum que fala sobre ese talento que estoura dentro de alguén, daquel ao que lle poden as ganas de comerse o mundo.

Xunto ao seu produtor, o mestre Ángel Luján (Vetusta Morla, Xoel López), o sempre presente e cósmico Martí Perarnau (Mucho, The Sunday Drivers), e o ecléctico e experimental produtor de rap e electrónica David Unison ás baterías (The Cabriolets…), formou un equipo. A súa música transita entre o indie, a electrónica, o folk, o soul e a música de raíz cunha madurez e eclecticismo brillantes.

Alice Wonder marca unha nova e vibrante etapa cultural cun talento innato disposto a abrasar o mundo.

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA