A PEDREIRA

Uxía Pedreira, A Pedreira, naceu en Foz (na Mariña de Lugo), e a xeoloxía cultural desta comarca, e de toda a zona de fala eonaviega ou galego-asturiana, marcan profundamente esta singular compositora e intérprete.

A Pedreira é unha mestura explosiva de serenidade e paixón, unha cantora das de verdade, unha voz que invoca a xustiza; a voz negra da música galega, unha das máis importantes, plurais e versátiles do panorama musical galego, o que fai de cada unha das súas presentacións públicas un acontecemento.

A súa potente e singular voz é inmediatamente recoñecible. A Pedreira é unha desas artistas que son quen de crear tendencia en cada obra, tanto polo contido, como por estética ou ética. Das músicas máis queridas e admiradas de Galicia, cunha enorme intelixencia musical e entre as máis respectadas e escoitadas na profesión, non só polo que di, senón tamén por como o di.

Desde que en 1995 iniciou su carrera musical, é vangarda no seu país de orixe. A Pedreira canta sobre a vida, e pola súa formación e consciencia. O traballo que agora presenta, o disco “Segmento Atlántico“, xunto co minipoemario Atalaia Norte, é o primeiro que asina como A Pedreira

Porque nel está e non está a Uxía de Chouteira, de Ecléctica Ensemble, de Marful, de Nordestin@s, de Acrobata ou A comuna del Barruzo. Este novo proxecto, que combina folk electrónico con spoken word e poesía. Un disco que vai perdurar, que abre unha nova etapa, despois de deconstruír o palco e mirar de fronte a esencia.  

CANDO?

AS SÚAS REDES

A SÚA MÚSICA